PRESENTACIÓN DO PROGRAMA VIGO EN INGLÉS

O compromiso do Concello de Vigo

O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ó meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial.

A integración en centros escolares

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

O aloxamento

Os participantes residen, en réxime de pensión completa durante toda a súa estancia, con familias nativas escolmadas para a súa participación no programa.

As actividades

Despóis do xantar, realízanse diversas actividades, entre elas unha visita cultural a algún sitio de interese. Na fin de semana faise unha excursión dun día enteiro.

Atención 24 horas

Os estudiantes e as súas familias dispoñen dun centro de atención telefónica 24 horas para resolver calquer cuestión que lles puidese xurdir.

Clases de reforzo

Durante a participación no programa, os rapaces reciben clases de reforzo e perfeccionamento de lingua inglesa.

Aviso legal